sábado 19/6/21

Amplia axenda do Pte. da CHMS mañá día 4 en Xinzo

Participará nos actos de celebración do día Mundial de Medio Ambien co alumnado do CEIP. Rosalía de Castro
CEIP  Rosalía de Castro (dendealimia)
CEIP Rosalía de Castro (dendealimia)

O presidente da CH do Miño-Sil, José Antonio Quiroga, acompañado pola alcaldesa de Xinzo, Elvira Lama, asistirán ás actividades programadas con motivo do DIA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE  co alumnado  do CEIP ROSALÍA DE CASTRO de XINZO DE LIMIA.

VISITA A ETAP DE XINZO

A primeira hora da mañá o presidente vistará xunto cos   alumnos e alumnas, acompañados por profesores, monitores da empresa Babadiva e persoal de Viaqua as instalacións da ETAP de Xinzo de Limia. Deste xeito poderán comprobar de primeira man o necesario que é coidar dos nosos ríos para ter auga potable de calidade e cales son os tratamentos aos que a auga se somete para lograr potabilizarla.

Logo haberá unha camiñada ata o lugar de actividades programadas no río Faramontaos, na súa desembocadura no río Limia,  para despois desprazarse ata o centro escolar onde están preparadas varias mesas expositivas  interactivas.

• Mesa 1: Restauración de ecosistemas e fomento da biodiversidade.

• Mesa 2: Macroinvertebrados acuáticos.

• Mesa 3. Bosque de ribeira e vertebrados asociados ao río