Ampliación do horario da hostalería durante as festas

cartel festas xinzo
Ampliación do horario da hostalería durante as festas
Ampliarase en dúas horas o horario de peche dos establecementos de Xinzo abertos o público

O Concello de Xinzo publicou un Decreto de Alcaldía sobre o horario de peche dos establecementos durante as festas.

Segundo se indica neste decreto, no artigo 17 da Lei 10/2007 de 27 de decembro de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia en relación coa ORDEN de 23 de outubro de 2020, fálase dos horarios de apertura e peche dos establecementos abertos ao público así como da finalización de espectaculos. A súa modificación poderá ter lugar en caso de que o concello o decrete.

"Ampliarase en dúas horas o horario de peche"

Polo tanto, e así o indica o concello, ampliarase en dúas horas o horario de peche ordinario dos establecementos do termo municipal de Xinzo de Limia abertos o público, así como a finalización dos espectáculos públicos e actividades recreativas durante a celebración das festas de Sta. Mariña, en datas 15, 16, 17 e 18 de xullo de 2022.