viernes 05.06.2020
O Goberno local considera que non é posible garantir as condicións mínimas de seguridade que esixe a crise sanitaria

Este ano non haberá festas en Xinzo

Programará eventos culturais e de ocio con control de aforo durante todo o verán para axudar a reactivar a economía local

canvas
canvas

O Concello de Xinzo de Limia, en vista da situación provocada pola pandemia da COVID-19, decide suspender a celebración das festas patronais de 2020 (Santa Mariña), que se deberían celebrar o próximo mes de xullo.

Logo de analizar detidamente todas as posibilidades, o grupo de goberno entende que na situación actual que estamos a padecer non se poden garantir as condicións mínimas de seguridade para levar adiante eventos destas características.

miriam salgado concerto (1)Somos conscientes do prexuízo que representa neste ano atípico esta medida para todo o tecido cultural e empresarial que se desenvolve arredor da celebración das nosas festas, mais consideramos que é a decisión máis responsábel pensando na saúde da veciñanza.Como alternativa, estamos a traballar nunha programación de actividades culturais, lúdicas e de ocio en días festivos e fins de semana nas que se poidan cumprir as recomendacións de seguridade: aforos limitados e controlados, separación inter-persoal, etc. coa vista posta tamén en reactivar o sector comercial, os servizos e a hostalaría, apelando a que os nosos veciños e veciñas consuman no pobo sen ter que desprazarse.

Agardamos superar esta situación o antes posíbel e retornar no vindeiro ano cunha celebración colectiva da que poidamos gozar todas e todos, como foi tradicionalmente.