ESTE ANO O SAN XOAN CELEBRASE NO POLÍGONO

ESTE ANO O SAN XOAN CELEBRASE NO POLÍGONO

Esta fin de semana celébranse o San Xoán no Polígono de Xinzo, unha iniciativa tomada por os veciños. A celebración comezará o sábado 23 coa Xornada de Cultura Popular preparada por a Asociación O Bión. Unha xornada onde Ángel Cerrato, Xosé Calleja, Xesús Fariñas e Iván Prado nos explicarán algunhas peculiaridades da nosa cultura e do ciclo festivo. A xornada celebrarase nunha carpa instalada do Parque do Polígono as 11:00h.

A continuación, terá lugar a carreira de obstáculos para os pequenos, organizada por Fusion Fitness. Os horarios e as actividades están detalladas no cartaz o final desta publicación. Para os máis cativos tamén haberá outras actividades como colchóns inchables e animacións organizadas por Xoaniña Animación Infantil.

A festa do San Xoán estará amenizada coa música da banda da Escola de Música de Xinzo, pasarrúas con gaiteros, o grupo Xeitosiñas de Baltar... A velada estar chea de música para que os veciños bailen e disfruten da noite de San Xoán.

Así tamén, o sábado ás 18.00h haberá unha misa solemne na honra de San Xoán. Celebrarase ao aire libre no Parque no Polígono, rodeados de natureza e acompañados polo son da Escola de Música de Xinzo que amenizará o acto.

san xoan 2