viernes 14/5/21

Anova solicita que Antón Rivero Coello sexa nomeado “fillo predilecto” de Xinzo

O voceiro do partido, Manuel Pérez Campos presentou unha moción que levará ao próximo pleno REDACCIÓN [email protected] O concelleiro de Anova, Manuel Pérez...
Antón Rivero

O voceiro do partido, Manuel Pérez Campos presentou unha moción que levará ao próximo pleno

REDACCIÓN

[email protected]

O concelleiro de Anova, Manuel Pérez Campos presentou esta mañá unha moción que elevará no próximo pleno para que se nomee ao escritor limiao Antón Rivero Coello “fillo predilecto” da vila. Desde este partido nacionalista argumentan que o autor de “As rulas de Bakunin” é un dos máis renomeados representantes da literatura galega, e que ademais  “leva o nome da vila alá por onde vai”, pois “boa parte da súa obra está inspirada nesta terra”.

Na moción solicitan que se lle outorgue a distinción de “fillo predilecto”,  ademais de que se coloque unha placa conmemorativa na súa casa natal e outra nas casas baratas de San Sebastián, na honra da súa novela de nome homónimo. Outras das suxestións son a creación dun premio co seu nome e que se fixe un día para agasallalo.

Pola súa parte, Rivero Coello expresábase esta noitiña nas redes sociais como se sentía ante esta iniciativa: “Hai días nos que @s [email protected] gustan de nos amosar todo o seu cariño, aínda que iso nos produza certo rubor. En todo caso, un non pode estar máis que agradecido por se sentir tan querido por [email protected] veciñ@s cos que descubriches o mundo e compartiches tantas cousas. Un millón”.

Comentarios