viernes 5/3/21

ANTONIO PÉREZ, ELEXIDO PRESIDENTE DO PP ,SERÁ O CANDIDATO DO PP A ALCALDÍA NAS PROXIMAS ELECCIONS

“Eu estou a disposición do partido, e si o partido considera que o alcalde sexa o candidato, serᔠCo 97,6% dos...
Asistentes ó congreso do PP

“Eu estou a disposición do partido, e si o partido considera que o alcalde sexa o candidato, será”

Co 97,6% dos votos emitidos, como apoio, Antonio Pérez ”Chavelleiro” foi elixido Presidente do Comité do PP de Xinzo. Arroupado pola executiva entrante e medio cento de militantes e simpatizantes, así como o Secretario rexional do partido Alfonso Rueda e polo Presidente Provincial Jose. M. Baltar, ademais de cargos electos do partido en Madrid .

Nun discurso curto, ó recen elixido deu as grazas a todos os que votaron advertindo que aínda que as enquisas sexan moi favorables, non se hai que descoidar.

Tamén dixo que este era un partido aberto, e que nel cabían todos aqueles que queiran traballar por Xinzo. Para cerrar o acto falou o Secretario Xeral Sr. Rueda e rematouó acto ó Presidente Provincial, para agradecer que a comarca de Xinzo, fora a mais votada proporcionalmente nas eleccións europeas, o que consegiu que Ourense fose a segunda provincia de España, e para a continuación dicir que faltan solo 261 días. Animou a todos a traballar para renovar a confianza entre o electorado de Xinzo e axudar así a Provincia.

Comentarios