martes 11/5/21

Antonio Pérez Rodríguez, volve a ser alcalde de Xinzo

Deixo claro que si algún día teño que elixir, Xinzo está porriba de toda cor política

pleno constitución-publico
pleno constitución-publico

Alcalde Xinzo-xuramentoPasados moi poucos minutos da hora prevista constituíse a nova corporación municipal de Xinzo  da que entra a formar parte unha nova formación política, XA.

 Despois de configurar a mesa de idade  un por un os concelleiros foron xurando ou  prometendo o acatamento da constitución, poñendo a man, como é costume, sobre dun texto da constitución, excepto , como anécdota o concelleiro representante do BNG, que permaneceu lonxe dela.

A continuación o Pte. da mesa preguntou os representantes dos catro partidos si se propuñan como candidatos a alcalde, o cal todos responderon afirmativamente. Logo disto pasouse a votación dos distintos candidatos a alcaldía resultando gañador Antonio Pérez con 9 votos e recibindo cada un dos outros candidatos os do seu propio grupo.

Unha vez proclamado alcalde o cabeza de lista do PP, pasou a xurar o acatamento a Constitución e a continuación recibiu o bastón de mando, neste caso do compañeiro de partido López Casas.

DAREI A BATALLA NAS INSTITUCIÓNS QUE SEXA NECESARIOvotacións concelleiros PP

A continuación tomo a palabra o xa alcalde Antonio Pérez  para en primeiro lugar agradecer os veciños que o votaron, e como non tamén os que non o fixeron, comprometéndose a ser e to alcalde de todos. Non se esqueceu da familia, amigos e compañeiros de corporación e colaboradores que estiveron  o seu carón.

Asumo o honor de ser o alcalde de Xinzo baixo o compromiso fundamental do traballo da humildade e da honestidade.Continuou dicindo o alcalde no seu discurso no que tamén se acordou dos traballadores do concello nestes catro anos de mandato pasado e nos que ven de futuro solicitando o seu esforzo para continuar ao labor neses tempos difíciles de crise e paro.

Tamén da oposición solicitou lealdade o pobo  e traballo sabendo diferenciar a trafulca política, que si ten que haber, pero non as descalificacións persoais, das que dixo, os veciños xa están fartos .O noso inimigo ten que ser a crise e o paro, volveu a repetir.

Defenderei as miñas ideas, mentres non me demostren que as do contrario son mellores para os intereses de Xinzo.

TRES ACTUACIÓNS BÁSICAS PARA ESTES CATRO ANOS

Para rematar quixo deixar claro cales van a ser as tres actuacións básicas destes próximos catro anos de mandato, posto que só cunhas boas infraestruturas, lograremos medrar e crear empelo

A primeira actuación será continuar coa rexeneración do Río Limia e o seu entorno.

A circunvalación a Xinzo e a actuación definitiva nas entradas e saídas a vila.

Comentarios