martes 11/5/21

A apertura do pavillón municipal de Xinzo atrásase por mor do mal estado da pista

limpeza

    O pavillón municipal pechou a comezos de agosto para que se acometeran nel os labores de limpeza e encerado da pista principal.

Estimábase que as instalacións volveran abrir a finais de mes pero as instalacións estaban en mal estado e foi preciso aumentar as horas de traballo.

limpeza2

Así as cousas a empresa encargada de por a punto a pista traballa arreo deixando o pavillón a punto para o seu uso. 

 

Comentarios