viernes 03.07.2020
O capítulo 1 de gastos de persoal ascende a 4.329.000 € un 56% do presuposto.

Aprobados os primeiros presupostos do cuatripartito cuns gastos de 7.606.000 € e uns ingresos de 8.400.000

A inversión real para este ano 2020 será de 297.915.

Comezo da sesión plenario cun minuto de silencio

Onte  celebrouse o primeiro pleno ordinario da época post-covid . O pleno comezou cos edís en pe, gardando un minuto de silencio, na honra de todas as vítimas da pandemia.

Pasouse logo a discusión dos temas económicos que estaban na orde do día, plan financeiro para este ano 20 e o 21 e os presupostos deste 2020, primeiros presentados por esta corporación dos que o concelleiro  de Facenda Pérez Campos, dicía que a nos gustaríanos un orzamento brillante, pero non é posible, non hai maneira de casar os números

Na súa intervención Montse Lama comentaba a súa vez que   As veces a perspectiva cambia, non é o mesmo estar na oposición que estar gobernando.  Moitos de vostede nunca estiveron gobernando, excepto o Sr. Amador.

Toni Fernández, portavoz do PP dicía que o seu grupo o que pretende, despois deste estado de pandemia é o presuposto máis social da historia deste concello. Os 15.000 € que se van a destinar nas firmas dos proxectos a tres anos coa CHMS, entendemos que se deberían levar todos a gasto social.

 Aínda non vimos ningúns cartos destinados a axudas do comercio e os autónomos, manifestou noutro momento Toni Fernadez.

A nos gustaríanos un orzamento brillante, pero non é posible, non hai maneira de casar os números (Pérez Campos)

A todos eles respostou finalmente o concelleiro de Facenda dicindo que  Para o próximo mandato, que esperamos que sexamos nos, ou os que sigamos en política,  os que esteamos gobernando, comezaremos a beneficiarnos do que empezamos a facer este ano.

Os presupostos foron aprobados polos concelleiros do grupo de goberno e a concelleira de Cs e co voto en contra do PP.

Presupostos

Elvira Lama anunciou que esas partidas, que o PP critica,  de este primeiro ano traerán inversións vindeiras en Xinzo por case 2 millóns de euros en vindeiros anos cos convenios asinados coa CHMS para a demolición da presa de Gudín  na canalización de augas do Mosteiro de Trandeiras.

Seguindo con temas económicos tamén se aprobou o recoñecemento extraxudicial de facturas por importe de máis de 300.000 € cos votos a favor de todos, contando coa abstención dos concelleiros do PP, que argumentaron que este recoñecemento podía estar feito dende o mes de xaneiro ou febreiro, co cal as facturas recoñecidas, xa estarían aboadas.

VÍA LIBRE AO CONVENIO DA POLICÍA LOCAL

Coa aprobación en pleno do novo convenio retributivo da Policía Local péchase un capitulo de enfrontamentos cos gobernos municipais anteriores  que levará tamén a que o colectivo da Policía Local retire o contencioso que interpuxo contra o Concello, fai agora aproximadamente un ano. Tamén desta maneira quedan recollidas todas as funcións dos policías e a distribución de horas extras máximas de traballo ao ano que queda reflexada en 80 h.