jueves 28/1/21

A asociación da hostalería toma forma e forza

Queren ser autónomos con capacidade propia para facerse ouvir fronte a outros colectivos e administracións

Membros electos da Asoc. Hostalería de Xinzo
Membros electos da Asoc. Hostalería de Xinzo

Onte , 24 de novembro, as 19:00 h. celebrouse a terceira das reunións organizada pola Asociación de Hostaleiros da Limia para constituírse como colectivo de representación deste sector.

Ó longo destas reunións o numero de asistencia foi crecendo chegando case a trintena de hostaleiros e hostaleiras que acúen as mesmas, demostrando o interese palpable e a necesidade de cambio nun eido profesional que apenas viu apoios polas administracións nin avances no seu devir o longo de moitos anos.

Nesta terceira reunión quedou decidido quen conformará a Xunta Directiva, de xeito voluntario e aceptada por unanimidade por todos os asistentes. Serán deste modo, Alberto Rúa, Victor Rodríguez, Carmen María Losada, Sandra Fernandez, Victor Manuel Penín e Adrián Gomez a falta de coñecer os cargos que ostentarán, que serán consensuados entre eles mesmos. Así mesmo tamén se acordou nesta última reunión a normativa interna que desenrolará a forma de traballo da asociación, tamén por unanimidade, e a creación de cinco coordinacións de traballo que representarán os eidos máis significativos da asociación como son administración, tesouraría, relacións externas, comunicación e programación e estarán conformadas por varios asociados que traballarán conxuntamente para as mesmas.

Decidiuse ademais traballar por comisións para levar a cabo as diferentes accións e actividades que a asociación pretenda desenrolar creando hoxe mesmo as dúas das primeiras comisións que verán a luz: unha comisión para deseñar unha campaña de recollida de xoguetes, que serán doados no Nadal a asociacións de apoio ós menores e outra comisión que entaboe un dialogo co Concello para conseguir melloras no tocante a normativas municipais que, segundo os asociados, deben ser reformuladas e actualizadas ó tempo que estamos a vivir. A asociación ten claro que este é o momento para tomar cartas sobre o asunto e facerse valer dunha vez por todas, sendo autónoma e con capacidade propia de facerse ouvir fronte a outros colectivos e administracións, cun claro obxectivo común, latente na unión que está a presentar este sector con este tipo de accións.