A Asociación "A Pantalla" busca un relevo xeracional

pantalla
A Asociación "A Pantalla" busca un relevo xeracional

Dende a A.C. "A Pantalla" e o Museo Galego do Entroido fan un chamamento a toda a poboación a que participe da súa asemblea.

O vindeiro día 18 deste mes, ás 16:30 horas, o Museo Galego do Entroido será sede da primeira reunión do ano da Asociación "A Pantalla" presidida por Xesús Fariñas e Segundo Diz.

A intención desta reunión é a de atopar novos camiños para a asociación. Como un dos primeiros puntos dentro da orde do día desa asamblea atopámonos coa busca de xente que queira facerse cargo da asociación relevando a Fariñas e Diz dentro do colectivo. "A necesidade de que as novas xeracións de Pantallas e Entroideiros recollan o traballo da asociación é crucial para esta nova etapa", afirman.

Así mesmo, falarase doutros temas de especial importancia para a asociación como posibles liñas de traballo a seguir dentro do próximo ano ou unha actualización dos estatutos vixentes amoldándoos aos tempos actuais.

Dende a A.C. "A Pantalla" e o Museo Galego do Entroido fan un chamamento a toda a poboación da comarca e arredores que teña interese na preservación, promoción e publicidade da figura da Pantalla e os seus ritos, convidándoos a asistir e participar nesta Asemblea Xeral.