domingo 27/9/20
Entroido de Xinzo de Limia

A asociación A Pantalla logra implicación de novos socios e renovación

Cun grande éxito de asistencia á asemblea acadáronse un total de 51 socios novos.

Imaxe da asemblea da Asociación "A Pantalla".
Imaxe da asemblea da Asociación "A Pantalla".

O pasado sabado, día 18 de marzo, celebrouse a asemblea da Asociación Aultural "A Pantalla", como xa informara este medio de comunicación. O acto tivo lugar nas instalacións do Museo galego do Entroido e a asistencia foi exitosa, chegando ata o medio cento de participantes, moitos dos cales nin sequera eran socios da mesma.

Na xuntanza tratouse a disolución da Directiva actual e da escolla dunha nova. Non se pechou polo momento unha candidatura para a próxima Xunta Directiva, tendo ata o día 1 de abril como data límite para reflexionar sobre esta. Presentáronse un total de 18 persoas que queren formar parte da nova coordinación da entidade de forma activa, acadando un compromiso coa asociación para traballar a prol dos fins descritos nos estatutos vixentes.

Así mesmo, falouse do xeito en que se quere traballar a partir de agora dentro da asociación acordando que o traballo ha de ser igualitario entre todos os socios para evitar así que recaia o peso nas persoas que conformen a nova Dirección. Formulouse a creación de comisións de traballo específicas que atendan as diferentes necesidades da asociación como maneira de delegación do traballo e co obxectivo conseguir unha maior eficacia.

Tralos acordos anteriores abriuse a lista para que os asitentes puidesen inscribirse como asociados. Acadáronse así, nesta primeira apertura, un total de 51 socios novos. Trátase dun gran número de persoas que se comprometen a apoiar e traballar para preservar e promocionar a Pantalla e o Entroido limián. 

IMG_7421

O acto acabou coa entrega de dúas placas conmemorativas a Xesús Fariñas e Segundo Diz en nome do pobo de Xinzo de Limia pola súa labor durante estes 20 anos de traballo. Cabe salientar que as placas entragadas a estas dúas persoas tamén agradecen o traballo de todas aquelas personas que traballaron pola asociación e o seu manetemento.

A vindeira asemblea da asociación celebrarase o próximo sábado, día 1 de abril, ás 16:30 horas no Museo Galego do Entorido.

Comentarios