A Audiencia Provincial ratifica a sentenza a Antonio Pérez

A Audiencia Provincial ratifica a sentenza a Antonio Pérez

Despois da sentenza condenatoria a 8 anos e medio de inhabilitación para cargo público por parte do xulgado do Penal nº1 de Ourense, Antonio presentou un recurso ante a Audiencia Provincial, que hoxe nun auto ratifica a sentenza anterior en todo o seu contido.

Esta sentenza obrigará a Pérez a apartarse da política directa durante tres lexislaturas.

CANDIDATURA DO PP

Queda desta maneira aberta a carreira para facerse co primeiro posto na lista do PP para as próximas eleccións do mes de maio. Precisamente o noso colaborador O Centinela, este fin de semana facía as hipóteses sobre esta situación que estaba pendente, e que a todo o partido na vila mantiña en “parada técnica” a esperas da resolución da sentenza, que sempre Antonio Pérez pensaba firmemente que sería absolutoria.