18 de julio de 2018, 10:13
Onte comezou a programación das Festas de Santa Mariña 2018 coa actuación da orquesta Olympus, a cal non deixou indiferente a ninguén. Xa no primeiro pase das 21:30h había bastante xente, pero co paso do tempo foi chegando máis e na verbena logo da 01:00h da noite a Alameda do Toural estaba ateigada.
A orquesta interpretou cancións actuais e antigas, para que os máis novos e para os non tan novos bailaran e desfrutasen deste comezo de Festas que arrancan con moi bo pé.