Cada día rouban unha media de 8 aspersores nos parques de Xinzo de Limia

aspersor2
Cada día rouban unha media de 8 aspersores nos parques de Xinzo de Limia

O Concello de Xinzo de Limia leva meses facendo fronte ó roubo continuado dos aspersores nos parques da vila. Cada día rouban entre 8 e 10 destes dispositivos o que supón unha media de 300 euros diarios de gasto para as arcas públicas.

aspersor

A maiores de ter que enfrontarse ó furto dos aspersores, hai tamén un grupo de vándalos que se dedica a destrozalos ben mediante golpes ou mesmo cambiándolles a dirección. "É un problema que sufrimos no Concello e ademáis é un gasto que temos que pagar todos os cidadáns", destaca o concelleiro de medio ambiente, Manuel Cabas.

Precisamente esta concellería vai levar a cabo unha serie de medidas para mellorar determinados espazos da vila como as zonas verdes onde se van colocar novas fontes de auga potable. Así mesmo no parque do Toural vaise proceder á mellora dos bancos de madeira. Colocaranse por todo Xinzo 133 papeleiras e 8 novos aparcadoiros para bicicletas.