viernes 4/12/20
Comprar en Xinzo este nadal pode salir a conta.

Cada semana 3.300 € en vales de compra.

Agresiva campaña de Nadal do comercio de Xinzo

Concello e comerciantes sortearán 3.300 euros á semana para incentivar as compras locais en Nadal

Foto arquivo
Foto arquivo

Dende o Concello de Xinzo, e coa colaboración da Asociación de comerciantes e empresarios PROLIMIA, vaise a poñer en marcha unha ambiciosa campaña de Nadal. 

Nun ano compleamente atípico, o obxectivo é favorecer que os veciños e veciñas fagan as súas compras en Xinzo, para axudar a dinamizar de novo a economía e o tecido produtivo da vila.

A campaña, deseñada conxuntamente con PROLIMIA, está aberta a todos os negocios e comercios que queiran participar. Cada un repartirá boletos cun numero para un sorteo semanal durante o mes de decembro.

O importe dos premios alcanzará os 9.900 euros en cheques de compra que deberán ser gastados nos establecementos da vila.

Serán tres sorteos semanais, que se levarán a cabo os domingos, e que repartirán 3.300€ en premios cada semana.  Consistirán nun cheque por importe de 1.000 euros, 4 cheques de 500 euros e 1 cheque por importe de 300 euros cada semana.

Os gañadores deberán gastar os premios nos comercios e negocios adheridos a esta campaña, que está aberta a todos os comercios, bares, cafeterías e negocios que desenvolven a súa actividade no Concello de Xinzo de Limia.

Os comerciantes que queiran participar terán que incribirse obrigatoriamente e aceptar todos os compromisos relacionados coa organización da campaña e o desenvolvemento da mesma.

A inscrición realizarase cubrindo o modelo recollido no Anexo I das bases, que se pode descarga da páxina web do Concello e que poderá ser entregado ou enviado por calquera dos seguintes medios:

• Presencialmente no Rexistro do Concello (con cita previa 988550111)

• Telematicamente na sede electrónica: xinzodelimia.sedelectronica.gal

• Por correo electrónico ao enderezo: [email protected]

• Na sede da Asociación “Prolimia”

O prazo límite de recepción das solicitudes de participación dos comerciantes será o 30 de novembro de 2020.

Dende o equipo de goberno de Xinzo, e en palabras da súa alcaldesa, Elvira Lama, “pedimos e animamos a que neste Nadal as compras e os gastos se fagan nos negocios locais, para paliar os efectos económicos que esta pandemia está a deixar nos comercios e establecementos de Xinzo”.