jueves 09.04.2020

O café Bando's de Xinzo organiza un campeonato de tute para o venres

Hai máis de 100 euros de premio

O café Bando's de Xinzo organiza un campeonato de tute para o venres

   As persoas amantes da baralla de cartas teñen unha cita este venres no café Bando´s. O campeonato de tute empeza ás 22h da noite. A inscrición por parella custa 20 euros. Para anotarse poden facelo no propio bar situado na rúa O Peto, a carón da estación de autobuses, ou ben chamando ó 670697290 preguntando por Oscar.

Poden gañarse ata tres premios. A primeira parella clasificada ten un premio de 180€, a segunda 100€, a terceira 40 e a cuarta gañará un trofeo. 

Durante as partidas haberá petiscos quentes e fríos para comer.

O café Bando's de Xinzo organiza un campeonato de tute para o venres
Comentarios