viernes 5/3/21

Cancelado o ENTROIDO 21, oficialmente

Promoveremos alternativas testemuñais para lembrar estas datas e manter acesa a chama do espírito entroideiro.
IMG_20210112_192854
IMG_20210112_192854

O concello de Xinzo ven de anunciar oficialmente a cancelación da celebración do Entroido 21. Ata agora había sido o concelleiro de Cultura Ramiro, o que manifestara a TVG esa decisión, pero aínda o Concello oficialmente non había comunicado nada, ata esta mesma tarde, nunha nota oficial.

Xa en outubro a Comisión do Entroido tomou a decisión de renunciar á organización de actividades masivas para este ano, nomeadamente concertos, charangas e desfiles.

Agora, a unha semana vista do inicio do Ciclo Tradicional do Entroido de Xinzo co Domingo Fareleiro, dende a Concellaría de Cultura anunciamos oficialmente a cancelación da festa.

Desgraciadamente, as peores previsións están a cumprirse e as actuais circunstancias, en plena 3          ª vaga da COVID e co número de contaxios disparado no concello, na comarca e no país, obrígannos a todas e todos, por responsabilidade, a poñer a seguridade e a saúde por diante de calquera outra cuestión.

Dende a Concellaría de Cultura promoveremos alternativas testemuñais para lembrar estas datas e manter acesa a chama do espírito entroideiro, agardando poder recuperar a celebración tradicional da nosa Festa Internacional para o vindeiro ano.

Viva o Entroido de Xinzo!