lunes 26/10/20

Os castrexos gañáronlle en número aos romanos

No desfile do sábado pola tarde

Instantánea - 178

Continuou en sesión de tarde noite o Esquecemento 2018. A partir das 20:30 e con moito público nas beirarrúas de Xinzo para contemplalos, desfilaron primeiro as tropas romanas con estrito estilo militar.

Instantánea - 202

Logo seguíronos os castrexos a ritmo das súas gaitas e mais levados  pola euforia , que pola disciplina, sen pensar para nada na batalla que teñen que librar mañá a tarde a partir das 17:00 horas despois do paso do río Lethes.

Para ver o desfile completo prema na seguinte dirección.https://www.youtube.com/watch?v=rVE-xGihIsA&t=5s