O CDR O Viso segue apostando polo emprego
A finais de marzo celebrou un novo obradoiro de busca activa integrado no programa Rural Empréga-T
REDACCIÓN
Twitter: @Dendealimia
O pasado martes 25 de marzo o Centro de Desenvolvemento Rural O Viso celebrou o IV Obradoiro para Busca Activa de Emprego Técnicas Activas e Autocoñecemento, que ademais de contar coa participación de persoas participantes no Programa Ruralempréga-T do C.D.R. O Viso, contou con persoas derivadas desde o Equipo Comarcal de Inclusión Social, debido á importancia e o necesario que é o estar en rede para entre as distintas institucións aunar esforzos por traballar sobre a prevención da exclusión social da cidadanía, explicaban desde o propio Centro.
Estas actividades de grupo comezadas no 2013 terán continuidade ao longo deste ano 2014. A idea, aseguran é desenvolver temáticas relacionadas coa orientación sociolaboral en grupo, pola importancia dos grupos de autoapoio para colectivos en situación de risco ou exclusión social. De cara aos próximos meses prevese o desenvolvemento de novos obradoiros: un deles sobre o mercado de traballo, e o outro sobre a busca de emprego na Internet.