"Cerrando antes, podemos favorecer o novo toque de queda local"

rúa s. Roque
"Cerrando antes, podemos favorecer o novo toque de queda local"
ProLimia sacou unha nota aclaratoria despois do Bando da alcaldía sobre o peche dos negocios

Como estamos vendo, o Goberno Local pediu ós comercios de Xinzo "solidariedade coa hostalería adiantando o horario de peche as 18:00 horas, salvo para os establecementos que realicen actividades esenciais (alimentación, farmacias, telecomunicacións…)".

Con este adianto da hora de peche non queremos transmitir a idea de que a xente nos poidamos contaxiar dentro dos locais, se non que, cerrando antes, podemos favorecer o novo toque de queda local.

Quede claro que non é ningunha obriga, o único que se trata é de, quen poida e queira, cerre as portas do seu local ás 18:00h.

Entre todos seguro que melloraremos a situación esta que nos tocou vivir.

DISCREPANCIAS ENTRE ALGÚNS COMERCIANTES

Como sempre as opinións son moi dispares. O comercio minorista da rúa S. Roque, xa comunicou nas redes sociais que eles ían a pechar ás 18 h.

Por outra banda outros comercios din que eles aínda o teñen que pensar, posto que segundo á hostalería condonáronlle as taxas de terrazas, etc., a eles ninguén lle descontou ningunha taxa e non é medir a todos polo mesmo raseiro.

O aluguer, desas dúas horas e as taxas do lixo, por exemplo, nos temos que seguir pagándoas. Manifestaba unha persoa responsable dunha tenda.