Cheo absoluto no concerto didáctico do Conservatorio

IMG_5141
Cheo absoluto no concerto didáctico do Conservatorio

O Auditorio da Casa da Cultura rexistrou un che absoluto con presencia de moitos dos representantes políticos nas primeiras filas do público.

Esta tarde celebrouse o pase aberto ao público do Concerto Didáctico que, un ano máis, organiza o Conservatorio Profesional de Música de Xinzo de Limia, coa intención de dar a coñecer o traballo que desenvolven no Conservatorio e a oferta educativa que ofrecen.

IMG_5137

Aproveitando que neste ano vaise facer unha homenaxe ao noso escritor Carlos Casares, no gran Día das Letras Galegas, dende o Conservatorio Proesional de Música de Xinzo de Limia decidiron adicarlle este novo concerto.

No remate do concerto, a Orquestra do Conservatorio foi a encargada de por o broche final con varias obras de distintos autores.

O concerto tivo lugar no Salón de Actos da Casa da Cultura de Xinzo de Limia en dúas funcións. O pase matutino comezou ás 11:00 horas e asistiu exclusivamente alumnado de colexios da comarca. O pase vespertino tivo lugar ás 20:00 horas e foi de entrada libre para todo aquel que desexe achegarse.

IMG_5139

A cita estivo enfocada como unha representación narrativa e musical na que se relata un conto sobre animais e á vez interprétanse obras de diversos estilos musicais que abarcan dende o clásico até o moderno. Utilizando os diversos instrumentos, o alumnado do Conservatorio interpretou obras de Tchaikovsky, Disney, Gardel, Lindsey, Denza, Manzini, Williams… No remate do concerto, a Orquestra do Conservatorio foi a encargada de por o broche final con varias obras de distintos autores.

O Auditorio da Casa da Cultura rexistrou un che absoluto con presencia de moitos dos representantes políticos nas primeiras filas do público.