sábado. 01.04.2023

O 2º Festival de inverno de ximnasia organizado pola Escola de Ximnasia C.E.D.C. XINZO encheu de novo non só as gradas do pavillón de Xinzo, se non tamén o aparcamento, que se quedou pequeno e como non encheu de ledicia a tódolos que se acercaron ata o pavillón para ver as peripecias das rapazas e rapaces sobre o tatami compasados con melodías de tódolos tempos.
Equipos de Maceda, Celanova, Verín, Ourense  e por suposto de Xinzo exhibiron durante varias horas os seus  coñecementos na materia.
O fin da xornada fixéronse entrega  a tódalas participantes de medallas, moi saborosas, de chocolate, doadas por firmas colaboradoras  así como de caixas de patacas fritas, como non podía ser doutra maneira, atopándonos na terra.
Todo foron alegrías, para as participantes, máis de medio cento, como do público asistente, ós que se agradeceu a súa presenza e se invitou para a terceira edición no ano que ven.4

Comentarios