martes 27/10/20

Un comercial de coches acusado de falsear documentación para cobrar unha subvención en Xinzo

coche

    O acusado que responde ás inciais de A.M.M foi xulgado o mércores en Ourense por un presunto delito por falsear documentación. 

Os feitos terían lugar no ano 2010 cando exercía como comercial de compra e venda de vehículos en Xinzo de Limia. En decembro dese ano un cliente teríalle entregado a documentación dun coche e a fotocopia do seu DNI para a cambio adquirir un novo automóbil. O acusado presuntamente fixo uso deses papeis para acudir a Xefatura Provincial de Tráfico para transferir a propiedade dun turismo a un terceiro, a quen pretendía vender outro vehículo. O obxectivo cumpriuse tras falsear a sinatura dun dos dous homes sen permiso, segundo mantén o Ministerio Público. 

Tras o cambio de titularidade do vehículo A.M.M solicitou unha subvención ó Igape para beneficiarse do Plan Renove e volveu falsificar a firma. Recibiu 1.210 euros de dita axuda que agora terá que devolverlle á Xunta con intereses. 

A Fiscalía pide para o acusado 2 anos e 7 meses de prisión e unha multa de 3.600 euros por considerar que o home simulou vender o turismo para cobrar a subvención. 

Comentarios