sábado 25.01.2020

O comercio de Xinzo QUIXO entregar os premios da campaña NADAL 19/20

Ao acto programado para as 17:00 non asistiu ningún dos agraciados

Sorteo comercio Nadal19
Sorteo comercio Nadal19

Para as 17:00 da tarde do sábado 11 estaban citados os comercios que deran os premios como tamén as persoas agraciadas cos cheques de 200 € que o comercio de Xinzo, mais de un cento puxeran en marcha para este Nadal 19/20.

Chegada a hora tan solo unha representante de un dos establecementos que repartira un premio se atopaba no acto, pero a sorpresa foi que ningún dos agraciados acudiu a recoller os cheques de ata 200 € co que fora agraciado.

No acto estiveron presentes o concelleiro de Facenda Perez Campos, Tony e Silvia do PP e o parlamentario Carlos Gómez, ademais de propietarias de establecementos que participaron na campaña.

Instantánea - 491

SORTEO DA HOSTALARÍA ALIMAGRO 2019

Posteriormente o concelleiro de Facenda Manuel P. Campos en representación dos organizadores de ALIMAGRO 19 procedeu ao sorteo do premio de 200 € por haber consumido o pincho estrela desa semana nos establecementos de hostalaría adheridos.

A gañadora neste caso foi Cristina López que fixo a súa consumición na cafetería AVENIDA