lunes 30.03.2020

Comeza a conta atrás para a circunvalación de Xinzo

En menos de 10 meses debería estar rematada

Comeza a conta atrás para a circunvalación de Xinzo

Comeza a conta atrás do  Proxecto de Mellora da Mobilidade de Xinzo de Limia mediante o acondicionamento de diversos viais municipais (Pista Cepetal – Pista Sitibal – Bouzo), cun importe total que ascende a 931.418,03 euros co IVE incluído.

Debido ao valor estimado da obra, considérase como procedemento máis adecuado o aberto mediante tramitación urxente en base á necesidade de xustificar a subvención concedida pola Axencia Galega de Infraestruturas. Os empresarios interesados poderán presentar unha proposición, sen posibilidade de negociación dos termos do contrato cos licitadores ata o día 10 de marzo ás 23:59 h.

Finalmente, a adxudicación do contrato realizarase cunha pluralidade de criterios de adxudicación en base á mellor relación calidade-prezo. Ademais, deben haberse xustificado as distintas actuacións recollidas no Convenio de Colaboración entre a Axencia Gallega de Infraestruturas e o Concello de Xinzo de Limia para o acondicionamento da OU-532, a mellora de viais municipais e Racionalización da Rede Viaria de Titularidade Autonómica antes do 30 de novembro de 2020.

Screenshot_2020-02-28 DOC20200226132527ADDENDA+PROYECTO++MELLORA+DA+MOBILIDADE+XINZO+DE+LIMIA pdf