lunes 28/9/20

Comeza sendo unha brincadeira de Entroido e remata cunha condena de dous anos de cárcere

Comeza sendo unha brincadeira de Entroido e remata cunha condena de dous anos de cárcere

    Os feitos aconteceron durante o Entroido do ano 2013 nun bar de Xinzo, cando J.M.L comezou a bromear con J.M.S polo seu disfraz de muller "playboy".

Tras os incesantes comentarios, J.M.S perdeu a paciencia e empurrou ó outro mozo que caeu ó chan. J.M.L egueuse e cunha guitarra que levaba para acompañar o seu disfraz, deulle un golpe na cara ó outro home, provocándolle graves lesións. 

Tres anos despois, a xuíza do Penal 1 de Ourense impuxo dous anos de prisión para J.M.L e unha indemnización de 1.330 euros para J.M.L . A vítima tamén foi penada co pago de 400 euros por unha falta de lesións xa que nun primeiro momento deulle un empurrón ó seu agresor.

 

Comentarios