jueves 02.07.2020

Avanzan as obras da rotonda que vai mellorar o acceso ó polígono industrial de Xinzo

Avanzan as obras da rotonda que vai mellorar o acceso ó polígono industrial de Xinzo

    Os operarios retomaron esta mañá os traballos de construción da nova rotonda que dará entrada á área industrial da vila. As obras retrasáronse por culpa da torre de Fenosa que se atopaba na entrada do polígono e que se tivo que eliminar. No seu lugar colocáronse dúas máis afastadas para garantir o suministro eléctrico.

Coa posta en marcha desta rotonda, que era unha demanda da maioría dos empresarios, vanse correxir os problemas sobre todo de confusión, para os vehículos que queren entrar no polígono. A nova construción vai enlazar tódalas rúas da área industrial na mesma entrada principal que é a través da estrada que vai de Xinzo a Vilar de Barrio. Levarase a cabo tamén a renovación da sinalización vertical e horizontal.

O proxecto valorado en máis de 100.000 euros é asumido polas arcas muncipais que pediron axuda á Deputación. 

O Ministerio de Fomento cederá temporalmente a titularidade do vial entre a autovía e a nacional do concello de Xinzo para que poidan acometer as obras.

Comentarios