jueves 02.07.2020
Obras

Comezan as obras no Salón de Plenos do Concello de Xinzo

Agárdase que o novo Salón de Plenos estea rematado para ser estrenado no próximo plenario ordinario do municipio antelán.

Imaxe dos obreiros no día de onte.
Imaxe dos obreiros no día de onte.

Como xa anunciou este xornal dixital, o Salón de Plenos do Concello de Xinzo de Limia comeza un proceso de renovación integral. No día de onte, os obreiros comezaron desmontanto a actual estrutura interna da sala, como se pode apreciar nas imaxes.

Mellorarase a accesibilidade, a megafonía e a comodidade da estancia, segundo indican dende o goberno, "tanto para os plenos como para calquera outro acto". As obras terán un custo total de 31 mil euros –máis IVE–.

Agárdase que o novo Salón de Plenos estea rematado para ser estrenado no próximo plenario ordinario do municipio antelán.

Comentarios