martes 11/5/21

Comprando en Xinzo podes gañar ata 500€

Campaña do comercio local e ProLimia

día da nai
día da nai

Onte comezou a campaña que ProLimia e os seus comercios asociados puxeron en marcha para incentivar as compras para celebrar o día da nai, o próximo domingo.

A campaña comezou onte e rematará o próximo venres día 30.

FURNA EN CADA ESTABLECEMENTO

Cada establecemento dado de alta nesta campaña, con cada compra entregaranos un vale que temos que cubrir e depositar no propio establecemento cos nosos datos para participar no sorteo de vales por importe total de 1.200 €, sendo o primeiro premio de 500 €.

O día 3 ás 20:30 no salón de plenos do concello farase o sorteo dos vales premiados.

Os gañadores terán ata o día 9 de maio para gastar as cantidades que van dende os 100 ata os 500 € no comercio local.

Unha vez máis ProLimia ponse a fronte dos establecementos en datas sinaladas como apoio ao comercio e ás compras locais.