lunes 13.07.2020
Entroido Xinzo

O concelleiro de festexos pide CIVISMO

6
6

Esta mañá o servizo de limpeza e veciños de Xinzo encontráronse  coas rúas cheas de lixo, vidro e cheiro a orín.

Dende esta concellería queremos facer un chamamento de civismo e concienciación de que o noso Entroido está aberto a todo o mundo pero que pedimos aos nosos conciudadanos e aos numerosos visitantes que temos estes días, que gocen do Entroido, pero sen facelo un “macrobotellón” onde a porcallada acaba invadindo as nosas rúas.

Dende a Comisión do Entroido 2017 organizouse a campaña do vaso ecolóxico e colocou unha vintena de baños e urinarios portátiles.

O departamento de Medio Ambiente do Concello está a cuadriplicar os horarios de  recollida de lixo e vidro. Reforzando a limpeza matutina con motobombas. O servizo de limpeza aumentou o nº de bidóns de vidro, a si mesmo o servizo da Deputación.

Visto a masiva influencia de visitantes chegados por medio de buses con bolsas cheas de bebida alcohólica reforzarase a vixilancia da Policía Local e da Garda Civil tanto na estación de buses como na Praza Maior. Tamén recordamos que se teña coidado estes días coas pertenzas nas aglomeracións, os amigos do alleo andan o asexo.

3

Respectemos o Entroido e respéctemos o noso Sentimento; pero en todos os sentidos.

Asdo..- Concelleiro de festexos

Comentarios