lunes 06.07.2020

O Concello desinfectará instalacións e espazos públicos con 2 vehículos, máquinas vaporizadoras e de ozono

Adquiriu dous vaporizadoras con líquido bactericida e viricida e dous xeradores de ozono para empregar nos centros e vehículos municip

Vaporizadores e xeradores de ozono
Vaporizadores e xeradores de ozono

A desinfección, xunto co lavado de mans, son as dúas principais recomendacións para combater o covid-19. É por elo que o Concello de Xinzo está facendo provisión de material para garantir a desinfección, en primeiro lugar, da súas propias instalacións e centros, como os deportivos, biblioteca, conservatorio…, pero tamén dos espazos públicos exteriores.

Motobomba para labores de desinfección, limpeza e incendios

A última adquisición consistiu en catro aparatos, en concreto dous vaporizadoras de líquido bactericida y viricida, ademais de dos xeradores de ozono, empregados para a eliminación de bacterias, fungos e virus, e unha alfombra con zona de desinfección para uso na Casa do Concello.

Alfombra desinfectante para concelloO Concello tamén adicará a labores de desinfección a motobomba que recibiu o semana pasada da Consellería de Medio Rural, neste caso para actuar en espazos públicos ao aire libre. Este vehículo, que tamén se destinará a labores de extinción de lumes, ten unha capacidade de 3.500 litros, que multiplica por 7 a da pickup municipal empregada ata o de agora para estas tarefas.
A motobomba xa se incorporou ao parque móbil municipal, adscrito á brigada de medio ambiente, e alternará os traballos de desinfección cos de limpeza, baldeo de rúas e extinción de incendios.

O Concello desinfectará instalacións e espazos públicos con 2 vehículos, máquinas...