lunes 30/11/20
Un operativo de Policía Local, Garda Civil e Protección Civil farán cumprir as condicións dos paseos ante o aumento de comportamentos irresponsables

O Concello esixe responsabilidade durante os paseos: de momento so advertirá, pero empezará a sancionar

Elvira Lama fai un chamado a cidadanía para que non estrague o bo traballo realizado durante moitas semanas: “Non podemos tirar todo por terra”

cats
cats

O Concello de Xinzo observa con preocupación crecente o incremento de comportamentos irresponsables durante os paseos, especialmente a partir da entrada na fase 0, o luns pasado. En particular a obriga de evitar as aglomeracións e pasear acompañados exclusivamente polas persoas coas que se convive, ademais de que se limiten a unha vez ao día e a un radio dun quilómetro desde o domicilio.

catsÉ por elo que a alcaldesa, Elvira Lama, fai un chamamento á responsabilidade individual e colectiva para non non estragar o esforzo de todo o pobo durante os días de confinamento. “Non podemos tirar por terra ese traballo de toda a veciñanza, pero tamén do persoal sanitario que está en primeira fila da nosa defensa fronte ao virus, expoñendo as súas propias vidas”, explica.

En paralelo a este chamamento, que se plasmará nun Bando da Alcaldía, e para cortar de raíz este tipo de comportamento, tanto a Policía Local como a Garda Civil e Protección Civil empezaron onte a informar e reprender ás persoas que non respectaban as normas das saídas, tanto xoves como maiores. En apenas tres horas, advertiron a medio cento de persoas de que non estaban a cumprir as directrices das autoridades sanitarias.

Hoxe e mañá continuarán con esta labor informativa, para que chegue a toda a a cidadanía, pero a partir do sábado empezarán a abrir expedientes sancionadores a todas as persoas que incumpran.