O Concello quixo agradecer a solidariedade dos agricultores durante as campañas de fumigación, cos seus tractores, nas rúas de Xinzo e dos pobos

O Concello quixo agradecer a solidariedade dos agricultores durante as campañas de fumigación, cos seus tractores, nas rúas de Xinzo e dos pobos

Non foi fácil, houbo situacións en algún momento difíciles de resolver.

Elvira Lama, estivo acompañada deos concelleiros Amador e Moncho na entrega dos agasallos na tarde do día 24.

Tomou a palabra a alcaldesa para recordarlle aos presentes, todos eles agricultores que deixando o traballo de lado, coordinados por Amador e Moncho non dubidastes nin un segundo pórvos a disposición do concello.

cats

En nome de concelleiros de grupo de goberno e toda a corporación, ademais dos veciños e veciñas agradecervos o que fixestes e querémolo facer desta maneira con un “cariño”.

O parque de bombeiros de Xinzo, negouse a facelo

Seguiu comentando Elvira Lama que solicitaron axuda a moitos lugares, entre eles ao parque de bombeiros da Limia, pero negáronse, dicindo que eles estaban de folga e que non o ían facer. Tal era a situación que se negaron a ir ao domicilio dunha persoa que había falecido facía uns días soa na súa vivenda, non de Covid, e aínda así negáronse a axudar no rescate. Nese momento acudistes vos a chamada sen pensalo dúas veces, polo tanto este é un xesto que vos honra e que vos engrandece.

Xa van demasiados mortos e vos fostes os primeiros en poñer todo, o esforzo, o traballo, os cartos e a vosa maquinaria e dedicación ao servicio dun pobo, por todo isto estámosvos e estaremos eternamente agradecidos.

Logo foi Amador o que se dirixiu aos compañeiros agricultores para darlle as gracias a todos dende o momento en que solicitou a súa colaboración indo dúas tres e catro veces. Eu, ao igual que vos como agricultores estamos moi orgullosos de poder colaborar nestas labores, que faríamos as veces que fixeran falla.

Por último foi Moncho o que tomou a palabra para manifestar que foi unha mostra de altruísmo e solidariedade importante a vez que pioneira. Despois de ver as moitas noticias nas que saimos os agricultores da Limia fumigando, moitos outros pobos de España fixeron o mesmo e ata do estranxeiro.