miércoles 12/8/20

Pleno extraordinario do Concello de Xinzo para a aprobación dunha operación de tesourería

Pleno extraordinario do Concello de Xinzo para a aprobación dunha operación de tesourería

     O Concello convocou un pleno extraordinario na tarde do martes co fin de aprobar unha operación de tesourería. Así saldouse a sesión co si a favor dunha póliza de crédito de 1,300.000 euros e o non por parte da oposición a tal proposta. 

Esta inxección económica, apuntan dende o Concello, ten como destino o pago dos 120 mil euros de custo do albergue dos peregrinos, 70 mil euros do museo, 65 mil en materia de incendios e o resto para pago de nóminas e demais gastos do consistorio ata que se fagan as contas de final de ano.

Dende o Concello manteñen que deste xeito contan con liquidez suficiente para afrontar os gastos. Apuntan ademais  que a situación económica do consistorio mellorou notablemente. Sinalan que no ano 2013 a débeda do concello estaba nun 137% e agora baixou a un 68%. Así mesmo queren deixar constancia de que os concelleiros renunciaron a cobrar a dieta correspondente por asistir á sesión do pleno extraordinario que se celebrou na tarde de onte co fin de colaborar cunha boa situación económica.

Comentarios