sábado 8/8/20

O Concello de Xinzo busca apoio económico para as festas de Santa Mariña

Con tal fin habilitaron un número de conta para aqueles veciños e comercios que queiran colaborar

    O Concello emitiu un comunicado no que sinalan que "tras o nulo interese mostrado polas festas de Santa Mariña por parte do pobo de Xinzo onde se inclúe ós partidos da oposición, xa que ninguén apareceu nin preguntou pola xuntanza que se tivo datas atrás para buscar comisión para organizalas, o concelleiro tomou a decisión de organizalas directamente dende a concellería de Cultura e Festexos"xx

Con tal fin difundiron unha nota informativa entre a veciñanza, hostalería, comercio e empresas da vila cun número de conta para aquelas persoas que queiran facer unha aportación económica. A data para facer os ingresos remata o 23 de xuño.

Dende o Concello sinalan que á cantidade que recauden sumaránselle 10.000 euros que aportan dende o consistorio. Unha vez que xunten o diñeiro procederán á busca de propostas para as festas que serán levadas á Xunta de Goberno.

Comentarios