lunes 23/11/20

O Concello de Xinzo busca limpadores para o Rosalía

O consistorio publicaba o pasado día once as bases para a contratación de dous novos traballadores municipais

REDACCIÓN

[email protected] Twitter:@Dendealimia

O pasado martes once de febreiro, o Concello de Xinzo publicaba as bases para a contratación de dous novos traballadores para o CEIP Rosalía de Castro. Este persoal deberá encargarse da “realización dos traballos de limpeza do colexio, durante o tempo que se manteña a baixa das dúas limpadoras con dereito a reserva dos seus postos de traballo”.

 O contrato destes dous novos traballadores será de duración determinada por obra ou servizo e tempo completo. O Servizo Público de Emprego preseleccionará aos candidatos que despois deberán pasar a criba dunha Comisión de Selección. O documento coas bases está xa na páxina web do Concello de Xinzo: www.xinzodelimia.es.

 

Comentarios