lunes 28/9/20
A medida lévase a cabo por medo ós surtos de coronavirus que se están a producir na provincia

O Concello de Xinzo cancela todos os actos culturais e deportivos dada a situación actual de crise sanitaria

Os eventos cancelados recollen todos os organizados/coorganizados pola xunta municipal ou que tiñan previsto levarse a cabo nos edificios pertencentes á institución.

Casa do Concello de Xinzo de Limia. | FOTO: Recuperada.
Casa do Concello de Xinzo de Limia. | FOTO: Recuperada.

Segundo informan fontes oficiais, o Concello de Xinzo de Limia tomou este martes, 18 de agosto, a decisión de suspender -ata nova orde- a celebración de eventos culturais e deportivos, organizados e coorganizados pola xunta municipal ou que tivesen previsto levarse a cabo nas instalacións pertencentes ó Concello.

O Decreto presentado vía a "Orde do 15 de agosto de 2020" pretende modificar determinadas medidas previstas no Acordo do Consello da Xunta de Galicia sobre o protocolo de prevención necesario para facer frente á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19

A alcaldesa, Elvira Lama, apoia a súa decisión no artigo 21.1 da Ley de Bases de Réxime Local (tamén coñecida como Ley 7/1985) que establece que o alcalde é o Presidente da Corporación e, polo tanto ostenta, entre as súas atribucións: "Adoptar persoalmente, e baixo a súa responsabilidade, en caso de catástrofe ou de infortunios públicos ou grave risco dos mesmos, as medidas necesarias e adecuadas dando conta inmediata ó Pleno."

Ademais, a resolución correspondente deberá publicarse na páxina web municipal, para o coñecemento da cidadanía e dárselle conta ao Pleno da Corporación -na próxima sesión que celebre-. 

Comentarios