O Concello de Xinzo colocará dispositivos sonoros para persoas invidentes nos semáforos

semaforo
O Concello de Xinzo colocará dispositivos sonoros para persoas invidentes nos semáforos

Responden así a unha demanda feita dende a Asociación Limisi

Un total de doce dispositivos sonoros van ser colocados nos semáforos das principais rúas de Xinzo. Así o anunciaron dende o Concello para responder a unha demanda feita pola Asociación Limisi.

Trátase de facilitar o cruce polo paso de peóns das persoas invidentes a través da emisión de sons de aviso ó tempo que se garantiza a súa seguridade.

Dende o Concello destacan que a maiores procederán a baixar as beirarrúas e garantir a mobilidade das persoas discapacitadas.

Outro anuncio que se coñeceu hoxe é que a piscina climatizada vai contar cun desfribilador que dará servizo tamén ó pavillón municipal. A intención é contar con outro para o campo de fútbol de A Moreira.