miércoles 08.04.2020

O Concello de Xinzo comezou obras de conservación e reparación das rúas do casco vello

As actuacións teñen  lugar nas rúas Lepanto, Constitución, Galicia e San Roque por ser as máis transitadas tanto a nivel comercial como polo numero de visitantes nas vindeiras datas de Nadal
O Concello de Xinzo comezou obras de conservación e reparación  das rúas do casco vello

Dende o novo equipo de goberno sinalan que os traballos que deron comezo no día de onte, prolongaranse ata a semana vindeira, para repoñer tódalas lousas de pedra rotas ou afundidas, principalmente as que están arredor das tapas de saneamento ou sumidoiros que son as máis deterioradas.

O paso continuado de tráfico pesado, así como as propias deficiencias  dunhas rúas que levan 30 anos sen ningún tipo de actuación integral, estaban  provocado un número importante de tropezóns e caídas coas conseguintes lesión para os viandantes na zona do Casco vello de Xinzo.

fotoIMG_20191205_113111No pasado mes de abril, en plena campaña electoral, o anterior grupo de goberno do Partido Popular “anunciou unha magnifica actuación de 350.000€ para esas rúas”, a través dunha subvención do Plan Hurbe da Xunta de Galicia. Pero foi tan só un “Anuncio” , no Concello non consta nin redacción do proxecto, nin tan pouco ningún tipo de solicitude á Xunta de Galicia. O Concello de Xinzo non figuraba nin como solicitante en quenda da garda para ser adxudicatario deste tipo de axudas.
Segundo os técnicos no departamento de urbanismo, tan so había unha memoria.
“Os Técnicos do Concello están ultimando a redacción do proxecto de Obra de Humanización das rúas Lepanto, Constitución e Galicia para presentar e poder optar as axudas do Plan Hurbe 2020 da  Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, cousa que o goberno anterior foi incapaz de facer. Mentres tanto e con medios propios intentamos reparar as deficiencias, e roturas para que non se produzan mais caídas, nin lesións” asegura a alcaldesa Elvira Lama.