lunes 28/9/20
O encontro terá lugar mañá, mércores 26 de agosto, no salón de plenos da Casa do Concello

O Concello convoca ós clubes e deportistas de Xinzo a unha reunión informativa sobre a tempada 20/21

A xuntanza informativa vai dirixida a todos os profesionais e afeccionados do deporte que soliciten a utilización das Instalacións Deportivas Municipais de Xinzo para o periodo 2020/2021. 

Casa do Concello de Xinzo de Limia. | FOTO: Recuperada.
Casa do Concello de Xinzo de Limia. | FOTO: Recuperada.

A Concellería de Deportes de Xinzo de Limia vén de publicar un comunicado no que convoca a todos os deportistas e clubes da vila -que soliciten a utilización das Instalacións Deportivas Municipais para a tempada 2020/2021- a unha reunión informativa sobre as novidades con respecto á Covid.

 A xuntanza levarase a cabo no salón de plenos da Casa do Concello de Xinzo, ás 20:00 horas da tarde deste mércores, 26 de agosto.

O encontro ten por obxetivo intentar solventar as dúbidas que os profesionais e afeccionados ó deporte poidan ter con respecto ó aluguer e uso das instalacións; ademais de tentar informar ós clubes e deportistas das actualizacións que supón a nova situación sanitaria. 

A asistencia estará suxeita ás normas de seguridade e saúde pública propostas pola Consellaría de Sanidade -o uso de máscara e o distanciamento social serán obrigatorios-.

Comentarios