O Concello de Xinzo non puxo as bandeiras a "media hasta"

IMG_20200502_165759
O Concello de Xinzo non puxo as bandeiras a "media hasta"

Non se sabe o motivo de non seguir a declaración de 30 dias de loito en Galicia, decretado polo Goberno Galego

Na tarde de hoxe as bandeiras do concello de Xinzo seguen sen cambiar a súa posición, non seguindo desta maneira as indicacións do acordo da Xunta, como si fixeron xa a maioría dos concellos de Galicia, de todos os colores políticos.

IMG_20200502_165754Na Deputación de Ourense o acordo foi tomado por todos os partidos que a forman co seu voto afirmativo agás os Socialistas que se abstiveron. Supoñemos que seguindo as instrucións de Madrid, que o Secretario Xeral e Presidente Goberno.

O presidente do Goberno Galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe a decisión do Consello da Xunta de render homenaxe ás vítimas falecidas polo coronavirus e as súas familias, para o que decretou loito oficial na Comunidade durante todo o mes de maio. “Cremos que é o momento de render unha homenaxe a todas as vítimas e de honralas como merecen”, aseverou, durante a rolda de prensa, incidindo en que este loito oficial representa o respecto a súa memoria e aos seus familiares.

Elvira Lama está a expensas de falar co grupo de Goberno

Segundo indicou o responsable de prensa do Concello, Elvira Lama está a expensas de falar co grupo de goberno, pero das súas palabras entende que a partir do luns si se porán en sinal de duelo.