O Concello de Xinzo pon en marcha a ampliación das beirarrúas do colexio Carlos Casares

carlos
O Concello de Xinzo pon en marcha a ampliación das beirarrúas do colexio Carlos Casares

Nos vindeiros días darán comezo as obras para ampliar as beirarrúas polas que se accede ó C.E.I.P Carlos Casares. Segundo fontes municipais trátase de responder a unha demanda de pais e nais do alumnado para que estes poideran subir e baixar ó autobús sen problema. Pasarían a medir 1,80, o dobre que na actualidade.

As peticións están sendo revisadas polo Concello e mesmo se plantean a posibilidade de converter a rúa nunha de sentido único. Esta medida trata de garantir que se poidan aparcar os vehículos e autobuses sen entorpecer a circulación cando saen os nenos do colexio. Agora queda pendente o informe da Policía Local para confirmar se a remodelación vai adiante ou non.

As obras que xa comezaron son as de asfaltar a Avenida de Ourense, preto de 700 metros. Os traballos fanse a raíz da colaboración do Concello e o Ministerio de Fomento.