O Concello de Xinzo pon en marcha unha campaña de promoción turistica e do patrimonio cultural

IMG-20190526-WA0015
O Concello de Xinzo pon en marcha unha campaña de promoción turistica e do patrimonio cultural

Con catorce láminas de vinilo sobre os postes de sinalización de rúas un photocall e varios “roll ups”

A Concelleria de Cultura e Turismo do Concello de Xinzo, ven de colocar en diversos puntos da vila, catorce láminas de vinilo sobre os postes de sinalización de rúas, para poñer en valor e dar a coñecer algúns dos mais salientables recursos Culturais, Turísticos, Medioambientais e mesmo Deportivos, así como o patrimonio arquitectónico con que conta o Concello Limiao.

Engadindo outros recursos localizados en Concellos limitrofes como o Museo da Limia de Vilar de Santos ou a Casa da Lagoa en Sandiás.

IMG-20190526-WA0014O resto das láminas son as do Museo Galego do Entroido, o Museo dos Mundos de Carlos Casares, o Albergue de Peregrinos e a Via da Plata, as zonas verdes e Parques, o conxunto de Igrexas Románicas, o Entroido de Xinzo e a Pantalla, o Rio Limia e a Festa do Esquecemento, o Hipódromo de Antela, o Mosteiro de Trandeiras, a Torre de Pena, as piscinas e o Pazo dos Deportes e o Campo da Moreira.
A iniciativa, na que a Concelleria ven traballando nos últimos meses, completase cun mapa turístico cos puntos de interés mais salientables. E coa confeccion dun photocall de grandes dimensións para eventos e feiras e de varios “roll ups” para ser utilizados incluso por os colectivos municipais nos eventos e actuacións fora do Concello.
Con todo elo, preténdese dar unha imaxe global, actualizada e cun deseño moderno dos atractivos da Capital da Limia do Concello e mesmo da comarca, encargada a Empresa PlaB deseño Gráfico e supervisada pola propia Concelleria.
Esta campaña ven a reforzar as actuacións que desenvolveu a Concelleria nos últimos anos percurando posicionar o Concello como destino turístico, Cultural e desportivo de referencia, xunto coa declaración de festa de Interese Internacional de Entroido, o Museo Galego do Entroido, a exposición sobre a figura de Carlos Casares ou a potenciación cara o vindeiro ano Santo 2021, da Via da Plata e do Albergue de Peregrinos.

Para ver todos os paneis prema aqui