martes 20/10/20

O Concello de Xinzo reclamará o Céntimo Sanitario

O consistorio informou esta mañá que esixirá que se lle devolvan os 5.300 euros aboados irregularmente

REDACCIÓN

[email protected]

Twitter: @Dendealimia

O Concello de Xinzo de Limia confirmaba esta mañá que se vai a adherir á reclamación do imposto declarado ilegal polo Tribunal Xustiza da Unión Europea, o coñecido como “Céntimo Sanitario”. Un gravame que cobraron varias comunidades autónomas do estado, entre elas a galega, entre xaneiro de 2004 e xaneiro de 2013 e polo que se chegaron a pagar 2,4 céntimos por litro de gasolina, e 1,2 por cada litro de gasóleo.

Desde o consistorio aseguran que a solicitude para levar a cabo esta tramitación xa está presentada ante o ministerio correspondente, e calculan que a cantidade abonada irregularmente no consumo de combustible para o parque móbil municipal roldaría os 5.300 euros.

Comentarios