O Concello de Xinzo terá catro tenentes de alcalde

Nova corporación de Xinzo
O Concello de Xinzo terá catro tenentes de alcalde

Onte aprobouse o organigrama de funcionamento da nova corporación presidida por Elvira lama

Un dos primeiros cambios organizativos levados a cabo por Elvira Lama e o grupo de concelleiros que a apoian no goberno de Xinzo foi o de cambiar a hora de celebración das sesións ordinarias dos plenos . Durante esta lexislatura celebraranse as 19:00 os primeiros xoves, cada dous meses.

Esta proposta foi votada en contra polos concelleiros do PP e coa abstención de Montse Lama.

Elvira Lama na argumentación en contra da proposta realizada polo grupo popular foi a de que ela quere que todo o mundo poida asistir as sesións, para que a labor de goberno sexa o mais transparente posible.

TRES GRUPOS DE PARTIDOS E UN GRUPO MIXTO

A primeira das novidades aprobadas no pleno da sesión da tarde do luns (24) foi a de organizar os grupos municipais, quedando tres, compostos polos concelleiros do PP; PSdG-PSOE e ÁXIL e un grupo mixto no que se adscribiron os concelleiros de XA; BNG e Cidadáns. A portavocía de cada grupo vaina levar o cabeza de lista das municipais e a do grupo mixto recaeu en Montse Lama representante de Cidadáns.

Amador Penín-Elvira Lama

REPARTO DE CONCELLERÍAS

Elvira Lama ostentará ademais da alcaldía ás áreas de Persoal, Comunicación, Participación Cidadá e Igualdade.

As demais áreas de traballo repartíronse da seguinte maneira:

.- D. José Alberto Martínez Morales (PSOE)-Educación, Saúde e Servizos Sociais.

.- D. Rafael Penabad González (PSOE)-4º Tenente de alcalde- Servizos Públicos Estruturais, Deporte e Infraestruturas

.- D.- Ramiro Rodríguez Suárez (BNG)- 3º Tenente de alcalde- Cultura, Normalización Lingüística; Patrimonio; Mocidade e Novas Tecnoloxías

.- D.- Amador Díaz Penín (ÁXIL) 1º Tenente de alcalde e Medio Rural e Natural

.- D.- Ramón Gómez Salgado (ÁXIL)Urbanismo e Mobilidade

.- D.- Manuel Pérez Campos (XA)-2º Tenente de alcalde - Facenda e Promoción Económica

A Xunta de Goberno estará formada , ademais da Presidenta da mesma a alcaldesa, por Rafael Penabad; Amador Díaz; Manuel Pérez e Ramiro Rodríguez.

Tamén se aprobaron as cuantías a recibir por cada membro dos diferentes órganos, Pleno, Xunta, comisión informativas e Portavoces a mesma que viña rexendo estes últimos catro anos de 150 € por sesión.

Por último aprobáronse os nomes dos distintos concelleiros que representarán ao Concello nos diferentes órganos en que teñen representatividade e nos Consellos Escolares dos centros educativos da vila.

Rematou a sesión, a que asistiu un nutrido número de veciños, co agradecemento por parte da alcaldesa a presenza de todos e dando a benvida a aqueles concelleiros que xa formaron parte doutras lexislaturas e que voltan a estar na “casa de todos”.