lunes 10/8/20

Concentración de veciños na praza Maior como repulsa ao novo crime machista en Galicia

Xa van 10 no que vai de ano, esta lacra ten que rematar algún día (Elvira Lama)

concentración 2
concentración 2

Ás 20:30 estaba convocada unha concentración na praza Maior para manifestar a repulsa do pobo e veciños de Xinzo do último crime machista ocorrido en Galicia que suma, a triste número  de 10,  no que vai de ano.

Elvira Lama  dirixiuse aos presentes, para agradecerlle a súa presenza, coa intención por parte de todos,  de que unha vez por todas se lle poña coto aos agresores e que cada un pague coa condena que  lle pertenza, porque as agresións as mulleres non as vamos a permitir. Tolerancia cero ante calquera agresión machista.

Esperemos como tantas veces e desexamos que esta sexa a derradeira concentración que teñamos que facer.