miércoles 5/8/20
FOTOS | Semana Santa

Concorrido Santo Enterro o pasado venres en Xinzo

A procesión saiu da Igrexa Nova de Xinzo e rematou no mesmo lugar. Mostrámosche a galería de fotos da procesión.

Concorrido Santo Enterro o pasado venres en Xinzo

O pasado venres –Venres Santo– tivo lugar en Xinzo a procesión do Santo Enterro de Xesucristo. A procesión foi presidida este ano polo Arcebispo de Belcastro –que é natural da localidade limiá de Lodoselo–. 

A procesión foi presidida este ano polo Arcebispo de Belcastro.

IMG_9295IMG_9338IMG_9334IMG_9332

Entre os centos de feligreses que participaron na celebración relixiosa, destaca asistencia das forzas políticas –incluído o rexedor de Xinzo, Antonio Pérez– e tamén os máximos representantes das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado. 

IMG_9275IMG_9279IMG_9286

A procesión saiu da Igrexa Nova de Xinzo e rematou no mesmo lugar. A imaxe do Santo Cristo e mailos feligreses asistentes estiveron acompañados polas cofradías do "Nazareno" e da "Virxe da Dolorosa". O percorrdio estivo amenizado musicalmente pola Agrupación Musical da Limia e polo Grupo de Percusión da Escola Municipal de Gaitas da capital da Limia.

IMG_9326IMG_9321IMG_9319IMG_9305

Comentarios