sábado 5/12/20

Confirmado un positivo dunha persoa traballadora do concello de Xinzo

Por  prevención, esta persoa levaba 6 días sen acudir ao seu despacho
Casa_do_concello,_Xinzo_de_Limia,
Casa_do_concello,_Xinzo_de_Limia,

Despois de que onte a noite se tivera constancia pola propia persoa que dera positivo e ante a situación especial e afortunada por parte do funcionario/a, debido a situación do seu entorno familiar, deixou de acudir ao posto de traballo xa fai 6 días.

Debido a esta circunstancia e a espera do que diga Sanidade tomaranse as medidas oportunas.

Comunicado oficial do Concello:

Temos que confirmar un caso positivo en COVID-19 entre os [email protected] da Casa do Concello.
A confirmación prodúcese onte pola tarde. Leva sen acudir o seu posto de traballo desde o pasado mércores, polo tanto ningún traballador/a tivo contacto estreito nas últimos 6 días.
Xa se lle comunicou a todo o persoal do centro de traballo e agora procederase segundo indiquen desde Prevención de Riscos Laborais.
Dende o Centro de Saúde de Xinzo manifesta que os rastreadores poranse en contacto cos persoas de convivencia estreita da persoa positiva.
Desexarlle unha pronta recuperación a esta persoa e a todas as que están pasando situacións similares
E a toda a poboación, tranquilidade, precaución e prudencia.