miércoles 30/9/20
A Corporación municipal foi a encargada de dar a coñecer a noticia na tarde deste martes, 8 de setembro

Confírmanse dous novos casos de Covid en Xinzo de Limia

Os dous afectados pertencen á mesma unidade familiar, no Concello de Xinzo, onde se está a realizar o rastrexo de contactos que, polo momento, resultaron negativos.

Centro de saúde de Xinzo de Limia, na rúa Ladeira da vila antelá. | FOTO: Noelia Caseiro.
Centro de saúde de Xinzo de Limia, na rúa Ladeira da vila antelá. | FOTO: Noelia Caseiro.

O Concello de Xinzo de Limia vén de anunciar a confirmación de dous novos casos de Covid-19 no municipio, dentro da mesma unidade familiar. 

Segundo informa a Corporación municipal na súa conta oficial de Facebook, os equipos sanitarios están a facer o rastrexo pertinente dende a cidade de Santiago de Compostela. 

Polo momento, as probas PCR realizadas ós seus contactos resultaron ser todas negativas, pero o grupo de goberno non dubida en extremar as precaucións e pide a colaboración dos veciños da localidade limiana.

Comentarios